Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Teatro Principal
  • Amal en ruta. Cinema árabe do 7 a 12 de setembro no Principal

Amal en ruta. Cinema árabe do 7 a 12 de setembro no Principal

Avísame

Data

07 de setembro - 12 de setembro

Horario

21:00

Lugar

Teatro Principal

Categoría

Cinema

Nesta edición, o público que se achegue, de balde pero con retirada previa de entradas en Ataquilla.com ou unha hora antes de cada pase na billeteira do Principal, poderá gozar de 7 películas que reflicten unha gran diversidade de ámbitos e realidades sociais: a viaxe a Europa dunha familia kurdo - siria que foxe da guerra; o proxecto dunha muller refuxiada palestina que trata de poñer en marcha unha empresa de cátering e restauración ou a historia dun neno de 12 anos que recorre á xustiza para demandar aos seus pais polo ‘crime’ de darlle a vida.

Podedes descargar desta páxina o programa e tamén o plano do evento. A adquisición anticipada de convites baixo as condicións abaixo apuntadas, aquí.

INFORMACIÓN IMPORTANTE: 

Asistencia con acompañante: As butacas contiguas están destinadas a persoas conviventes. A adquisición destas supón o recoñecemento expreso desta condición por parte dos/das asistentes.

Asistencia individual: Se ten previsto acudir sen acompañante, reserve tamén a butaca contigua para evitar que esta sexa ocupada por unha persoa allea ao seu círculo de convivencia.

Normas xerais de accesos e permanencia no recinto:

Será obrigatorio o uso de máscara en todo momento. Haberá xel hidroalcólico en diferentes puntos do recinto á disposición do público.

É recomendable achegarse ao teatro con media hora de antelación para facilitar a acomodación do público.

En todo momento este deberá cumprir coas normas en cuestión sanitaria e as instruccións do persoal de sala: non permanecer parado/a en zonas de tránsito, manter as distancias e non dar lugar a agrupacións de persoas, reducir ao mínimo os desprazamentos dentro do Teatro.

Do mesmo xeito é recomendable limitar ao necesario as visitas aos aseos e cumprir coas limitacións de aforo nos mesmos, realizando en todo momento un uso responsable evitando a manipulación directa de portas, tapas, cisternas, etc empregando xel desinfectante e papel de mans que será depositado nas papeleiras ao remate.

Os datos de contacto facilitados serán postos a disposición  das autoridades sanitarias no caso de ser preciso.

Grazas á vosa colaboración a cultura é segura.