Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Auditorio
  • Ara Malikian -'Royal Garage World Tour'

Ara Malikian -'Royal Garage World Tour'

Avísame

Data

23 de febreiro

Horario

21:00

Lugar

Auditorio Pazo da Cultura

Categoría

Música

Esta xira amosa os garaxes da vida do violinista, facendo un percorrido sonoro polos máis variados e exóticos estilos da súa carreira.

“A miña relación cos garaxes empezou en 1976, cando estalou a guerra do Líbano. No mundo enteiro as bandas máis modernas ensaiaban en garaxes, sacaban de aí os seus sons e creaban un estilo que mudaría a historia da música. Eu non me quería quedar sen formar parte desa movida. Eu tiña dez anos e o meu pai dicíame para convencerme:

"Imos fillo, baixemos ao garaxe, imos montar unha banda de rock como a dos Rollings. A miña banda non tiña tanto rolo como a deles, eu non me relacionaba con Keith Richards ou Mick Jagger e falabamos de Rock e música de vangarda, a min esperábame o meu tío Nono cunha trompeta abolada, o meu veciño cunha botella de anís e a miña avoa cunha mandolina… A día de hoxe sigo sen verlle o Rock and Roll pero véxolle o amor e iso é máis que suficiente.Despois viñeron outros garaxes: os alemáns, os ingleses, os parisienses, os españois… Parece ser que estou predestinado a eles. Pásanme cousas fascinantes nos garaxes…”

Entradas esgotadas.