Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Teatro Principal
  • As Matinés do Principal - Sés

As Matinés do Principal - Sés

Avísame

Data

30 de marzo

Horario

12:30

Lugar

Teatro Principal

Categoría

Música

Ao longo dos últimos anos, Sés consolidouse coma unha das figuras máis destacadas da música galega e recorreu o país con actuacións cheas de paixón nos escenarios das vilas e cidades galegas. Pasiño a pasiño a súa intensa personalidade e honestidade conquistou ao público cunha enerxía que chama á unión e ao cuestionamento do establecido.

Formada na música e o baile tradicional, Sés é profesora e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social. En 2007 creou, xunto a tres amigos, a banda “Chámalle Xis!” que foi un dos grupos revelación dese ano. En 2011 publicou o seu primeiro traballo “Admirando a Condición”.

En 2019 chega o seu sexto álbum, “Rabia ao Silencio”, no que atopamos unha escolma de cancións populares, folclóricas ou de autor chegadas de Latinoamérica ou doutros puntos da Península e que son adaptadas ao galego.

Entradas e abonos para todo o ciclo á venda anticipadamente en Ataquilla.com e a Casa da Luz. De non esgotarse, o propio día do concerto unha hora antes na billeteira. (Menores de 14 anos, 50% de desconto)