Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Pazo da Cultura
  • Cantos na Maré - 13 ao 15 setembro no Pazo, Teatro Principal e outros espazos de Pontevedra

Cantos na Maré - 13 ao 15 setembro no Pazo, Teatro Principal e outros espazos de Pontevedra

Avísame

Data

13 de setembro - 15 de setembro

Horario

12:00

Lugar

Pazo da Cultura, Teatro Principal e outros espazos da cidade.

Categoría

Festival

Cantos na Maré regresa á cidade de Pontevedra os días 13, 14 e 15 de setembro para celebrar a décimo quinta edición que acollerá máis de 20 concertos e unha ducia de actividades, que terán lugar no Pazo da Cultura, o Teatro Principal, a Praza da Pedreira, o Museo de Pontevedra, a Libraría Paz e outros espazos da cidade.

Os dous grandes concertos do Pazo da Cultura estarán protagonizados pola estrela caboverdiana Mayra Andrade (sábado 14), abandeirada do pop tropical, que vén de lanzar o seu quinto álbum, ‘Manga’, en crioulo e en portugués; e as encargadas de pechar o festival o domingo 15 serán Enredadas, o proxecto que aúna o jazz flamenco de Martirio, a voz atlántica de Uxía, a forza maña de Carmen París e a orixinalidade poética de Ugia Pedreira ao que se unirán outras voces da Lusofonía.

O Teatro Principal acollerá o domingo dúas interesantes propostas ligadas ao jazz: Maria João (Portugal) acompañada de Pablo Lapidusas, a grande cantora de jazz portuguesa, coñecida pola súa flexibilidade vogal e a súa capacidade de improvisación; e a catalana Clara Peya, pianista e compositora, considerada unha das creadoras máis orixinais e únicas que apareceron nos últimos tempos na escena peninsular e cuxa obra bascula entre a música de cámara, o jazz, o pop e a electrónica, mantendo sempre como centro de gravidade o piano.

Consutar no dossier e na súa web a programación completa, espazo, entradas e prezos.