Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

Carlos Núñez no Culturgal

Avísame

Data

01 de decembro

Horario

21:30

Lugar

Auditorio Pazo da Cultura

Categoría

Música

Carlos Núñez regresa a casa este ano nunha xira única dende mediados de novembro ata principios de abril pasando polos principais escenarios. O sábado 1 de novembro ás 21:30h, dentro da programación de Culturgal 2018, concerto especial no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra. As entradas xa están á venda aquí a través da plataforma ticketea.

Esta xira está baseada no primeiro libro escrito por Carlos, “La Hermandad de los Celtas”, que se presenta en setembro coas dúas primeiras edicións xa esgotadas só en preventas. Un libro no que nos conta a súa visión do celta como unha utopía milenaria que, dende hai séculos, creou un imaxinario universal que hoxe segue sendo unha inesgotable fonte de inspiración artística.

O libro analiza a música celta dende múltiples perspectivas: histórica, musicolóxica, cultural, etc., e aborda aspectos moi diversos: a súa relación con outras músicas e estilos, as súas formas, os instrumentos característicos da súa interpretación, o seu ámbito territorial de expansión e influencia, etc.

Ao tempo, narra numerosas experiencias persoais relacionadas coa súa actividade como intérprete da devandita materia e cos seus contactos con gran número de expertos no tema dende distintas disciplinas: músicos, historiadores, antropólogos, cronistas, etc.
Co espírito pedagóxico – pero sen perder un ápice do sentido do espectáculo -, o que nos ten acostumados, Carlos desgranará estos sorprendentes descubrimentos a través de novas músicas.

 
Carlos Núñez está considerado internacionalmente como un músico extraordinario, dos máis serios e brillantes do mundo…Pero ademais é un Artista con maiúsculas. O seu carisma, a súa enerxía, o seu espírito pioneiro fixérono moi popular, transcendendo con creces os límites habituais dos seus instrumentos: a gaita e as frautas.

Entradas en Ticketea a partir de 15€+ gastos de xestión.