Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Teatro Principal
  • Cineclube Pontevedra: 'A ruleta chinesa' (Chinesisches Roulette) de Rainer Werner Fassbinder

Cineclube Pontevedra: 'A ruleta chinesa' (Chinesisches Roulette) de Rainer Werner Fassbinder

Avísame

Data

21 de maio

Horario

20:30

Lugar

Teatro Principal

Categoría

Cinema

A RULETA CHINESA
Chinesisches Roulette, Rainer Werner Fassbinder, 1976, 86 min., VOSE
Lingua orixinal: Alemán


A ruleta chinesa é unha parábola sobre o mundo burgués, os seus ritos e mentiras. Céntrase na historia de Angela, filla de pais ricos e liberais, cuxo odio cara a eles lévaa a tenderlles unha trampa para que unha fin de semana coincidan na súa casa de campo cos seus respectivos amantes. Trátase dun dos filmes máis sofisticados de Fassbinder. Levado pola idea de que as drogas axudarían a aumentar a súa creatividade, o director realiza unha obra caracterizada por un traballo de cámara exemplar e hipnótico: ao tempo que esta se desliza a través de personaxes que envolve unha e outra vez encadrándoos en poses moi estudadas, Fassbinder xoga con eles colocándoos como o faría quen xoga ao xadrez, sobre un taboleiro, para descubrir as relacións que se establecen entre todos. A artificialidade extrema do movemento de actores (coma efixies espectrais, apagadas, sen vida) e da cámara (chea de enerxía e vitalidade) deu lugar a unha auténtica coreografía das accións psicolóxicas dos personaxes onde cada travelling e en xeral cada plano gardan correspondencia coas súas actitudes.

Entrada para socios/as. Consultar tarifas anuais e por sesión.