Contrariadas: Martirio e Mónica de Nut
Data
03 de marzo
Horario
20:00
Lugar
Teatro Principal
Categoría
Música
Continuamos este interesante ciclo con outras dúas grandes artistas encima do escenario. Xuntamos a dúas artistas grandiosas, representativas ámbalas dúas de dúas épocas diferentes, pero ámbalas dúas tamén cunha forza vocal e interpretativa indescriptibles: Martirio + Mónica de Nut E para máis desfrute da audiencia, teremos a sorte de escoitalas tamén en conxunto, xa que nos agasallarán con un par de temas que prepararán para interpretar a dúo nesta ocasión. Martirio - “Antología”: Martirio é unha das grandes da música peninsular, e seguramente poidamos decir que de todo o mundo. Martírio defínese a si mesma como “unha especie de arqueóloga musical”. A súa imaxe, enigmática e sofisticada, é a súa tarxeta de presentación. Unha artista viva, sempre curiosa, moderna e vanguardista como poucas, que enche as súas representacións de creatividade, fantasía, imaxinación e cultura a raudales. Mónica de Nut + Luis Martíns - “Raíces Aéreas”: Mónica de nut (voz e electrónica) e Luís Martíns (arpa e electrónica), veñen de gravar o disco RAÍCES AÉREAS (Freecode). O elemento inspirador son as gravacións dos anos 50 de cantos de mulleresque transmiten toda a forza ancestral galega. Cantos crus, vitais e poderosos, conéctannos á raíz de saber de onde vimos e cal é a nosa esencia.
Entradas en venda anticipada en Ataquilla.com e no despacho da Casa da Luz a 18€ + gastos. (Estudantes, parados e xubilados 15 €+gastos)