Domingos do Principal: Crusoe de Markeliñe
Data
21 de marzo
Horario
Dobre pase ás 12 e ás 18:30h.
Lugar
Teatro Principal
Categoría
Domingos do Principal
Descargas
Crusoe, nunha illa só. Nunha illa con sabor a mar abandonado, vai vendo a vida pasar e así aprenderá a vivir e a relacionarse co seu contorno, e a coidalo, dentro da súa soidade. Unha metáfora da vida cun toque de poesía visual, música en directo e humor.
Premio FETEN 2020 á mellor música
Teatro de actor con música en directo Duración: 55 minutos Recomendado a partir de 5 anos
Pases ás 12 e 18:30h.
Entradas a un prezo único de 4€ en Ataquilla.com e de non esgotarse na venda anticipada o propio día do pase na billeteira de 10 a 11h. ou de 16 a 17h.
É preciso contar con entrada independentemente da idade do/a asistente.
A compra de entradas supón a admisión e cumprimento da normativa vixente con respecto á COVID a nivel xeral e a propia do recinto que ten a súa disposición no documento Medidas Covid da plataforma de venda.
A apertura de portas terá lugar 30min. antes do inicio do evento. Recomedamos asistir con marxe para facilitar a acomodación e evitar aglomeracións.