Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Teatro Principal
  • Domingos do Principal: Italino Grand Hotel de Companya La Tal

Domingos do Principal: Italino Grand Hotel de Companya La Tal

Avísame

Data

28 de febreiro

Horario

Dobre pase ás 12 e 18:30h.

Lugar

Teatro Principal

Categoría

Domingos do Principal

Quen lava os milleiros de sabas e toallas dos hoteis? No último soto do Italino Grand Hotel está a lavandaría. Alí, un personaxe solitario lava, pasa o ferro e perfuma a roupa. Vive só, soña entre as sabas e agacha a soedade conversando coas máquinas e xogando até coa súa propia sombra. Pero un día namórase.

Teatro de actor / clown.nDuración: 55 minutos. Recomendado a partir de 4 anos

Pases ás 12 e 18:30h.

Entradas a un prezo único de 4€ en Ataquilla.com e de non esgotarse na venda anticipada o propio día do pase na billeteira de 10 a 11h. ou de 16 a 17h.

É preciso contar con entrada independentemente da idade do/a asistente.

A compra de entradas supón a admisión e cumprimento da normativa vixente con respecto á COVID a nivel xeral e a propia do recinto que ten a súa disposición no documento Medidas Covid da plataforma de venda.

A apertura de portas terá lugar 30min. antes do inicio do evento. Recomedamos asistir con marxe para facilitar a acomodación e evitar aglomeracións.