Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Teatro Principal
  • Matinés do Principal: Ele

Matinés do Principal: Ele

Avísame

Data

17 de outubro

Horario

12:30

Lugar

Teatro Principal

Categoría

Música

Sen facer moito ruído pero de maneira inequivocamente audaz, ELE, nome artístico da cantante e pianista madrileña Elena Iturrieta, terminou revelándose como unha das voces máis exquisitas e delicadas do novo panorama español. ‘Summer Rain’, o sorprendente disco co que a descubrimos fai tres anos, levouna a tocar en 75 teatros do Estado así como no festival South by Southwest de Texas.
‘What Night Hides’, o seu segundo traballo, gravado no lendario Studio Two de Abbey Road, preséntanos xa unha compositora de altura sen peaxes estilísticos e  cunha capacidade para abordar sentimentos como a nostalxia e melancolía propia de artistas veteranos. Soul, gospel, folk e canción de autor de elegancia extrema e substratos hipnóticos.

Entradas xa á venda en Ataquilla.com e a Casa da Luz a partir de 16€ + gastos. De nos esgotarse, á venda unha hora antes do inicio do espectáculo na billeteira do Principal. Dto. do 50% en entradas e abonos para menores de 14 anos.