Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Teatro Principal
  • O oficio de vivir: ciclo de cinema e saúde mental

O oficio de vivir: ciclo de cinema e saúde mental

Avísame

Data

30 de xaneiro - 20 de febreiro

Horario

19:00

Lugar

Teatro Principal

Categoría

Cinema

Baixo o título ‘O oficio de vivir’, a actividade impulsada pola edil de Benestar Social contempla a proxección dos filmes ‘A habitación do fillo’, ‘Diario íntimo de Adèle H’, ‘Cisne negro’ e ‘El’.

Recoñecer a capacidade e os mecanismos que o cinema emprega para reflectir o espectro emocional e psíquico do ser humano é un dos principais obxectivos dun ciclo cinematográfico sobre saúde mental organizado polo colectivo Taller Abierto. Baixo o título ‘O oficio de vivir’, a actividade impulsada pola concelleira de Benestar Social, a socialista Paloma Castro, desenvolverase os días 30 xaneiro e 6, 13 e 20 de febreiro no Teatro Principal de Pontevedra, en horario de 19.00 a 22.00 horas.

As películas seleccionadas para este ciclo de cine e saúde mental son ‘A habitación do fillo’ (30 de xaneiro), de Nanni Moretti, ‘Diario íntimo de Adèle H’ (6 de febreiro), de François Truffaut, ‘Cisne negro’ (13 de febreiro), de Darren Aronofsky, e ‘El’ (20 de febreiro), de Luis Buñuel.

Cada unha das sesións incluirá unha presentación e contextualización do filme a cargo do experto Suso Novás, a proxección da película e a intervención do prestixioso médico Víctor Pedreira, especialista en Psiquiatría, que dará paso coas súas reflexións á apertura dunha quenda de preguntas e dun coloquio.

Entrada libre ata completar cabida.