Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Teatro Principal
  • Ponteatro 2018: 'Tropical' de Elefante Elegante
TROPICAL

TROPICAL

Ponteatro 2018: 'Tropical' de Elefante Elegante

Avísame

Data

20 de decembro

Horario

21:00

Categorías

Escena , Ponteatro

 

Espectáculo sensitivo, universal e evocador que nos mergulla no universo da viaxe e na súa vasta riqueza de matices e dimensións.

Un navío habitado por viaxeiros con destinos entretecidos. Turistas, migrantes, músicos e refuxiados... custodiados por unha vixiante e dilixente tripulación. Do norte ao sur nun cruceiro sedutor e do sur ao norte fuxindo da fame e dos cascallos.

Desde a ironía e o absurdo, Tropical reflicte situacións que se están a producir non moi lonxe. Na terra, paisaxes de guerras e muros. No mar, infinitas historias, desexos e soños que se cruzan.

Venda anticipada en www.tiketea.com | Prezo por función 8,00 € - Menores, parados e xubilados 4,00 €; todo iso máis gastos de tramitación.

https://www.ticketea.com/entradas-teatro-tropical-teatro-principal-pontevedra/

Abono para todas as funcións: 36,00 € máis gastos de tramitación 
As entradas de prezo reducido pódense comprar por medios telemáticos, pero só se poden retirar na billeteira acreditando a condición de beneficiario.

Este folleto é meramente informativo e a programación pode sufrir variacións por causas alleas á organización.

No caso de non esgotarse as entradas na venda anticipada, estarán á venda 1h antes na billeteira do Teatro.