Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

Ponteatro 2020: Fariña

Avísame

Data

10 de decembro - 13 de decembro

Horario

O espectáculo contará con pases ás 18 e 22h. o 10, 11 e 12 de decemebro e ás 17:30 e 21:30 o domingo 13.

Lugar

Auditorio Pazo da Cultura

Categoría

Escena

Fariña conta a historia das últimas décadas de Galicia e de como foi posible que mentres unha xeración de rapaces e rapazas perdía a súa vida no labirinto da droga, unha serie de persoas vía crecer de maneira exponencial o seu poder económico a través dunha actividade ilícita como é o narcotráfico, utilizando para iso as vías establecidas para o tráfico de tabaco.

O espectáculo teatral Fariña vén dar un paso máis nesta necesaria confrontación coa nosa historia recente, tratando de dar voz aos que non a tiveron ata agora, e transformando as palabras de Nacho Carretero na vida escénica.

· Director: Tito Asorey

· Reparto: Xosé A. Touriñán, Marcos Pereiro, María Vázquez, Sergio Zearreta e Cris Iglesias

· Autor: Nacho Carretero

As entradas para os 4 pases dobres dos días 10, 11, 12 e 13 de decembro sairán á venda nas próximas semanas en Ataquilla.com