Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

Tempada de Teatro: 'Play off'

Avísame

Data

25 de outubro

Horario

21:00

Lugar

Auditorio Pazo da Cultura

Categoría

Escena

Play off é unha traxicomedia que transcorre no vestiario dun equipo de fútbol feminino. As protagonistas son mulleres novas que adoran a súa “profesión”, apaixonadas e ambiciosas. A obra reflexiona sobre o papel da muller e o deporte feminino nunha sociedade que aínda manifesta un machismo feroz en moitos ámbitos.
Play off acontece nunha tarde, o partido máis importante da vida das nosas protagonistas. No vestiario aflorarán as envexas, os soños, as dúbidas e os medos dunhas rapazas que o único que queren e vivir a súa paixón.

Director:José Luís Arellano García
Reparto: Cristina Bertol, Neus Cortés, Ana Escriu, Yolanda Fernández, Cris Gallego, María Romero, Cristina Varona.

Venda de entradas 20/18€ + gastos e abonos para todo o ciclo 110/100€ + gastos en Ataquilla.com e Casa da Luz. De non esgotarse, dúas horas antes na billeteira do Pazo da Cultura.