Oficina de congresos
Actividades de lecer
Que ver
A capital das Rías Baixas é un lugar perfecto para perderse entre as súas rúas e prazas, visitando non só o seu centro histórico coas súas igrexas góticas e románicas, senón tamén os seus monumentos, museos, pazos e casas patruciais... Igualmente, acolle unha importante programación cultural ao longo de todo o ano composta por concertos, exposicións, obras de teatro, espectáculos de danza e un sen fin de activades.
Que facer
Pontevedra conta con marabillosas paisaxes e espazos naturais, multitude de paraxes inolvidábeis, e un magnífico patrimonio arqueolóxico. Pola súa importancia, cómpre
Son moitas as posibilidades que a cidade ofrece aos amantes dos deportes e das actividades de ocio: deportes náuticos coma o remo, o piragüismo ou a vela, sendeirismo, cicloturismo, rotas a cabalo ou en quad, golf, pesca, submarinismo...
Festas
- Entroido. En febreiro. Desfiles, concursos de disfraces e o afamado enterro do loro Ravachol. Na actualidade está en vías de ser declarada Festa de interese turístico nacional.
- Feira da Cabaza. En marzo
- Festa da Camelia. En marzo, cada 3 anos
- Romería de San Cibrán. O Luns de Pascua, na parroquia de Tomeza
- Os Maios. 1 de maio. Festa tradicional de orixe celta especialmente celebrada na cidade. Na actualidade está en vías de ser declarada Festa de interese turístico nacional.
- Romería de San Benitiño.. O 11 de xullo. Parroquia de Lérez.
- Feira do Humor. En xullo. Malabares, contacontos, paiasos...
- Santiaguiño do Burgo. 25 de xullo. Barrio do Burgo.
- Festival de Jazz. A finais de xullo, principios de agosto: http://www.jazzpontevedra.com/
- Festas da Peregrina. O 2º domingo de agosto. Son as festas grandes da cidade. Gran variedade de actos culturais, verbenas, postos e barracas de feira, touradas...
- Festa do Demo. 23 de agosto. Divertida tradición na que un lucifer burleiro percorre as rúas da cidade asustando aos medorentos.
- Feira Franca. A primeira fin de semana de setembro. Festa medieval para festexar o mercado aberto que se comezou a celebrar na cidade a partir de 1467.
Festas gastronómicas
- Festa da Anguía. O primeiro domingo de xullo en Ponte Sampaio.
- Festa do Caldo. O segundo domingo de marzo en Mourente.
Rutas turísticas
- Rotas pola Zona Monumental de Pontevedra
- Rotas gastronómicas
- Rota do Viño (denominación de orixe Rías Baixas)
- Rotas marítimas (cruceiros polas rías)
- Rota dos Mosteiros (Poio, Lérez, Armenteira)
- Rota do Camiño Portugués a Santiago
- Rota dos Pazos (Península do Morrazo)
- Rota dos Miradores (Península do Morrazo)
- Rota de Valle Inclán
- Rota Rosaliana
- Rota dos Muíños
- Rota dos Hórreos
- Rota das Festas Populares
- Rota do Románico
- Rotas de sendeirismo (entre rías)
- Rotas da Natureza (principais espazos protexidos)
- Rotas dos Petroglifos
Adegas
- Bodegas Condes de Albarei
- Martín Códax
- Agro de Bazán
- Pazo Capitana
- Bodega Pazo de Fefiñáns
- Valdamor
- Bouza do Rei
- Pazo de Señoráns
- Valdumia
- Pazo de Villarei
- Pazo Quinteiro da Cruz
