Onde comer

En Pontevedra, a oferta gastronómica é practicamente inesgotábel. É tan ampla, como múltiples son os estabelecementos que a compoñen: desde os restaurantes máis sofisticados, ata os máis entrañábeis que gardan celosamente os segredos da cociña galega tradicional. Outra opción é degustar pinchos e racións, alternando polas típicas casas de tapeo, mesóns e tabernas emprazadas na súa maioría no centro histórico da cidade.

O éxito da nosa cociña baséase na calidade das materias primas: mariscos e peixes frescos, carnes sabrosas, verduras e hortalizas acabadas de recolleitar... E como acompañamento, os nosos sonados albariños, pois non esquezamos que Pontevedra é a sede do Consello Regulador Rías Baixas.

Onde aloxarse

Pontevedra ten sona por acoller amabelmente a todo aquel que pasa polas súas rúas. De feito, a xentileza e a simpatía das súas xentes son parte importante da súa personalidade.

Os visitantes atoparán na cidade unha variada oferta de hospedaxe para todos os gustos e prezos. Existen preto de 1.100 prazas repartidas entre hoteis de catro, tres, dúas e unha estrela, ademais de hostais, residencias ou pensións, a maioría deles, a escasos minutos do centro. Sen esquecer, por suposto, a oferta existente noutros municipios próximos como Sanxenxo.

Consulte a oferta en hoteis