Oficina de congresos
Normativa
Horario
O horario de cesión dos espazos é de 9:00 a 14:00 hrs. e de 16:00 a 21:00 hrs coincidindo coa axenda de dispoñibilidade do persoal do Organismo Autónomo Pazo de Congresos e Exposicións para a empresa/persoa/institución que os solicite.
Os horarios do Recinto Feiral acordaranse en función das necesidades do evento.
O alugamento da totalidade dos espazos durante máis dunha xornada implica unha reduccón dun 20% na tarifa diaria.
Cando os espazos se utilicen en xornada de mañá (de 9:00 a 14:00) ou tarde (de 16:00 a 21:00), é dicir, media xornada, o seu prezo será o 60% do prezo unitario/día da sala. Dentro deste horario estará comprendido o tempo de montaxe e desmontaxe.
O exceso de horario en xornada completa comprende o período previo ás 9:00 horas, o comprendido entre as 14:00 e as 16:00 horas e o posterior ás 21:00 horas.
Tanto na tarifa completa como na media xornada, o recargo por exceso de horario será do 20% do prezo unitario/día/sala.
Nas tarifas de alugamentos globais da zona do Auditorio, a zona de Congresos, e da zona de Exposicións, esixirase un suplemento do 20%.
Cando as salas sexan utilizadas para montaxes e ensaios, aplícase un 50% da tarifa unitaria/día.
Os domingos e festivos, o alugamento das salas sofre un aumento do 25% sobre o prezo unitario/día/sala, debendo contratar a empresa en cuestión un servizo de portería, seguridade e mantemento.
Gravación para televisión
Cando se realice un espectáculo en calquera espazo do Organismo Autónomo Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra, que sexa obxecto de retransmisión ou gravación para a televisión ou distribución por vídeo, o prezo de alugamento por día incrementarase o 20% do prezo unitario/día/sala.
Realización de fotografías ou reportaxe gráfica
Os periodistas ou fotógrafos profesionais poderán facer fotográficas durante un máximo de cinco minutos non podendo en ningún caso facer uso do flash.
Dereitos de autor
Correspóndelle á Empresa ou Institución que alugue o Auditorio do Teatro Principal o abono dos dereitos de autor á Sociedad General de Autores de España (S.G.A.E.) ou ao autor cando estos se devenguen, debendo achegar a Empresa ou Institución a correspondente autorización do autor ou da S.G.A.E. para a súa comprobación antes do evento, quedando a autorización para a utilización dos espazos do Teatro Principal condicionada á devandita autorización.
Servizos
Teléfonos
Se desexan contratar unha liña de teléfono, o Organismo Autónomo Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra facilitaralle o acceso a ela, debendo a empresa contratar unha alta con Telefónica.
Limpeza de eventos
O alugamento das instalacións inclúe a limpeza, agás que o volume de asistentes sexa superior á media habitual, caso de congresos ou convencións que requiran limpeza adicional, a cal correría por conta da organización, a través da empresa de limpeza habitual do Organismo Autónomo.
Seguridade
O Organismo Autónomo dispón das medidas habituais de seguridade por medio de alarmas volumétricas nocturnas e persoal de conserxería diúrno, durante as horas de apertura ao público.
No caso de requirir algunha seguridade especial, esta deberá ser contratada pola empresa/persoa/institución.
Bandeirolas e pancartas exteriores
Só se permite a colocación de bandeirolas exteriores na porta de acceso ao vestíbulo de exposiciones e na entrada principal do hall do Auditorio, debendo ter unhas medidas no primeiro caso de 3.90x1 metro e 0.1 cms por enriba e por abaixo, e no outro caso de 2.45x1 metro e 0.1 cms por enriba e por abaixo.
Equipos audiovisuais
O Organismo Autónomo dispón de equipamento para congresos, como proxectores de diapositivas ou de vídeo, punteiros láser, ordenadores, paneis de exposición, rotulación, mandos a distancia, etc. De non ser suficientes deberán ser alugados polo contratista.
No caso de extravío ou rotura dalgún equipamento, auriculares ou extravío ou rotura de receptores inalámbricos, deberá asumirse a responsabilidade da súa reposición.
Cafetaría
A utilización da cafetaría para a contratación dun servizo de catering ou de restauración negociarase directamente coa empresa concesionaria no teléfono 986 874307.
Os servizos da cafetaría e restaurante prestaranse nos espazos destinados a tal fin, entendendo como tales as instalacións da cafetaría do Pazo da Cultura e do Recinto Feiral, sendo o acceso ás instalacións do Pazo de Congresos e Exposicións nos horarios anteriormente mencionados.
Os días de mercadillo na explanada do Recinto Feiral o acceso á cafetaría do Organismo Autónomo será polo exterior.
Normas de xestión
As instancias presentadas nas dependencias do Organismo Autónomo Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra ou a través do Concello de Pontevedra, serán tramitadas por este, correspondendo á Dirección-Xerencia emitir a contestación sobre a procedencia do acto que se pretende celebrar, non considerándose efectiva a reserva dos espazos do Organismo Autónomo ata que dita contestación se formalice por escrito.
A xestión e recadación deste prezo público corresponderá ao Organismo Autónomo Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra.
Esixirase o depósito previo do importe total dos dereitos polos servizos previstos neste Regulamento ou xustificante de pago, que será depositado na oficina do Organismo Autónomo un día antes do evento. As devolucións que procedan por falta de prestación do servizo debido a causa non imputábel ao obrigado ao pago, tramitaranse polo procedemento que rexe o reintegro de pagos indebidos.
O Organismo Autónomo Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra estenderá as facturas, cartas de pago, boletos, tickets ou calquera outro documento que se estableza como xustificante de pago.
Cando se trate de autorizacións para realizar actos por parte de sociedades ou partidos políticos de índole non cultural, ou espectáculos ou festivais que excedan os espazos pertencentes ao Organismo Autónomo, a autorización solicitarase por medio de instancia dirixida ao Concello de Pontevedra.
Condición xerais
- O alugamento dos espazos inclúe: iluminación, climatización, megafonía se está incorporada nas zonas.
- O alugamento dos espazos non inclúe persoal (azafatas, acomodadores, persoal de carga/descarga, persoal técnico, etc.).
- Os espazos do Organismo Autónomo alúganse sen chaves, debendo a empresa/persoa/institución que os solicite requerir os servizos do ordenanza de turno para a súa apertura e peche.
- Os vestíbulos de acceso, e a zona de entrega de documentación e de colocación de carteis e bandeirolas estarán incluídos no alugamento de cada zona do Organismo Autónomo, sempre e cando non se utilicen para realizar montaxes ou exposicións de uso comercial, non sendo en ningún caso de uso exclusivo.
- Os almacéns non teñen cargo ningún un día antes, durante e un día despois da celebración do evento.
- Os Seminarios alúganse co mobiliario normalizado, é dicir, unha mesa de profesor cunha cadeira, ademais de 30 cadeiras de alumnos.
- No caso de desperfecto dalgún dos bens ou instalacións de calquera dos espazos dependentes do Organismo Autónomo, o contratante deberá aboar o seu arranxo ou substitución, contra a presentación do orzamento entregado polo Organismo Autónomo.
- O Organismo Autónomo non se fai responsábel en ningún caso dos posibles danos que poidan sufrir as persoas que realicen as montaxes ou as funcións obxecto de alugamento cando estas se produzan no desenvolvemento do seu traballo.
- Organismo Autónomo non se fai responsable en ningún caso dos posíbeis danos que poida sufrir a persoa, grupo ou entidade a quen se lle cedan os espazos, así como o público que asista a presenciar o evento.
- A empresa/persoa/institución a quen se lle cede a instalación obrígase a observar ou, no seu caso, a esixir das personas físicas ou xurídicas coas que subcontrate os servizos de montaxe de toda clase de instalacións, a estricta observancia da lexislación en materia de seguridade e hixiene no traballo, respondendo dos danos e prexuízos que pudieran causarse por accidente no que interveña culpa ou neglixencia.
- Os gastos de persoal descontinuo como billeteiros, porteiros, electricistas, acomodadores, vixilantes, persoal de carga e descarga, montaxe e desmontaxe de escenario e calquera outro que se requira en función da natureza do acto, correrán por conta dos organizadores, sendo da súa exclusiva responsabilidade o cumprimento das obrigacións laborais, fiscais ou doutra índole que se deriven de tal relación laboral.
- Todos os servizos de restauración móbil, restaurante, mobiliario de caseta, flores, casetas de deseño, limpeza de casetas, persoal de carga e descarga e electricista deberán ser contratados por medio dunha empresa de servizos.
- No que atinxe a convencións, actos congresuais e eventos de natureza análoga, a zona de entrega de documentación será gratuíta.
- A empresa/persoa/institución deberá poñerse en contacto co Organismo Autónomo cunha antelación mínima de 48 hrs. laborais sobre o comezo do evento, a fin de aclarar tódolos puntos que concirnan á organización deste.
- Na publicidade que se faga do evento deben figurar os logotipos do Excmo. Concello de Pontevedra e do Pazo da Cultura de Pontevedra, remitíndonos á maior brevidade posíbel toda a documentación e carteleira do evento antes da súa publicación para a súa revisión.
- O público asistente aos eventos a celebrar no Auditorio ou no Salón de Actos non poderá permanecer de pé nas localidades nin nos corredores durante o desenvolvemento do programa. Nestes somentes se permitirá a permanencia das Autoridades ou dos seus Axentes ou dos dependentes das Empresas, sen obstaculizar ou impedir a visión dos espectadores.
- O público non poderá portar armas de calquera clase ou calquera outro obxecto que puidese ser empregado como tal ou artefacto perigoso para a integridade física das persoas.
- Nas instalacións do Pazo da Cultura non se permite a utilización de ningún tipo de cinta adhesiva (dobre cara, aislante, carrocer, etc.) no chan para o afianzamento das moquetas dos stands ou en calquera superficie vertical ou no teito.
- Está prohibido o emprego de material inflamábel nos espazos.
- Está prohibido pegar ou cravar calquera tipo de carteis nas paredes das instalacións.
- Está prohibido fumar.
- Está prohibida a introdución de alimento ou bebidas nas instalacións.
- Está prohibida a introdución de animais nas instalacións.
- Está prohibida a introdución de paraugas no Auditorio do Pazo.
- Os móbiles deberán permanecer apagados dentro das salas do Pazo da Cultura.
- E calquera outra prohibición expresa da aplicación do Regulamento Xeral de Policía e Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas.
- Organismo Autónomo resérvase o dereito a retirar a cesión dos espazos a aquela entidade ou persoa que non cubra todas as condicións, eximindo ao Organismo Autónomo de toda responsabilidade.
