Aceptar
Cerrar

Información sobre cookies

Esta página web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayuda a optimizar su visita. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Usted puede permitir su uso o rechazarlo, también puede cambiar su configuración siempre que lo desee. Dispone de más información en nuestra Política de Cookies.

  • Actividades
  • Auditorio
  • "Cancún" de Jordi Galcerán con María Barranco

"Cancún" de Jordi Galcerán con María Barranco

Avísame

Fecha

30 de mayo

Horario

21:00

Lugar

Auditorio do Pazo da Cultura

Categorías

Escena , SUMMUM

Con texto de Jordi Galcerán, autor entre outras da peza da que gozamos recentemente “O crédito” e baixo a dirección de Gabriel Olivares, asistiremos a esta comedia áxil e divertida sobre o que cada vida podería ter sido.

Cancún conta a historia de dous matrimonios amigos dende hai más de 20 anos que deciden marchar xuntos de vacacións. Unha noite logo dunhas copas de máis, Reme revela o incidente que provocou a elección das parellas. A partir deste momento, afloran unha serie de segredos.

Cando chegas aos 50, cunha vida organizada e logo de compartir 20 ou 30 anos coa mesma persoa, plantéxaste que tería ocorrido se escolleras outra.

Cambiarías ao teu marido polo da túa mellor amiga? Se poideras cambiar, cambiarias ¿o marido? ¿A muller? ¿A amiga?

Se non che gusta a túa vida… ¡Dalle vacacións e ven a Cancún!

Venda anticipada de entradas en Ataquilla.com e, no caso de non esgotarse por esta vía, o propio día do espectáculo 2 horas antes na billeteira do Auditorio a un prezo de 16€ + gastos.

REPARTO

Lola: María Barranco

Vicente: Vicente Romero

Pablo: Francesc Albiol

Laura: Carmen Gutiérrez