Aceptar
Cerrar

Información sobre cookies

Esta página web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayuda a optimizar su visita. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Usted puede permitir su uso o rechazarlo, también puede cambiar su configuración siempre que lo desee. Dispone de más información en nuestra Política de Cookies.

  • Actividades
  • Teatro Principal
  • 'As Matinés do Principal' - The Posies

'As Matinés do Principal' - The Posies

Avísame

Fecha

06 de octubre

Horario

12:30

Lugar

Teatro Principal

Categoría

Música

O grupo comandado por Ken Stringfellow e Jon Auer é unha das máis populares fromacións de power pop nacidas co amencer dos anos noventa (eles, concretamente en Seattle e un pouco antes, pues sacaron o seu primeiro disco, Failure, en 1988), un cetro no que comparten honras con nomes como Matthew Sweet e Teenage Fanclub. Con estes últimos, a rivalidade foi tan dura coma sana, de maneira que se pode falar de admiración compartida: tanta que cando en 2010 participaron no ciclo We Used To Party -organizado por Houston Party-, o disco que elixiron para versionar foi A Catholic Education, o debut dos escoceses.

Por máis que pasen os anos, Stringfellow e Auer seguen a ser un referente de melodías infecciosas, que eles crean con pasmosa facilidade e cun acento tan accesible e atemporal que se imaxina prestado por Alex Chilton. Un maridaxe neo-revivalista da suma “invasión británica + grunge” que anunciou a aparición do rock alternativo noventero. Ou, dito de outra maneira, unha despeiteada, sexy e alternativa mestura de pop redondo e guitarras ruidosas. Entre os seus álbumes, os icónicos Frosting On The Beater (1993) e Amazing Disgrace (1996) lévanse a palma. Este 2018, para conmemorar o 30º aniversario da banda, reeditan ambos traballos, ademais da súa segunda obra, Dear 23 (1990), tanto en formato de dobre CD como de LP de vinilo, acompañados de numerosos bonus tracks que nunca antes viran a luz. En canto á súa produción máis recente de estudio, en 2016 voltaron á carga co disco Solid States, o primeiro que publicaban desde Blood/Candy (2010).5

Prezos:12 € (anticipada) / 14€ (billeteira) + gastos de xestión. Abonos para todo o ciclo 36€. Menores de 14 anos, descontos do 50%

Á venda anticipadamente en Ticketea e o despacho físico da Casa da Luz. De non esgotarse, dúas horas antes do inicio do concerto.