'The Sadies' nas Matinés do Principal
Máis de dúas décadas en escena desenvolvendo un estilo musical propio no que se mesturan diversas expresións do rock, do country e do blues converteron a The Sadies nunha banda de culto. Levan 23 anos convertendo o seu personalísimo son en sinónimo de calidade. The Sadies son unha desas bandas que logran traspasar con creces a súa propia fama, sacudíndose toda etiqueta posible: nin country, nin rock, nin power pop. Sinxelamente eles.
Casi tres anos despois da súa última visita a España, en 2014, o cuarteto canadense regresa para presentar Northern Passages, un novo traballo que condensa de forma maxistral a súa propia esencia. Dallas Good, Travis Good, Sean Dean e Mike Belitsky conseguiron un disco espectacular e cheo de forza que en directo cobra se cabe aínda máis vida.
Gravado no soto de Dallas e na casa dos pais de Travis ao norte de Toronto durante o inverno de 2015, o ambiente familiar e a falla de distraccións conseguiron unha sensación sonora única, consistente e ecléctica.
The Sadies son unha banda á que os afeccionados aférranse como a un segredo moi ben gardado, esperando cada novo lanzamento como unha promesa. Con Northern Passages chegou o momento de facer estoupar este viaxe salvaxe de ácido-folk-country-punk, para deleite de fans e de todo aquel que se achegue por primeira vez á banda.
Prezo 14€ anticipada en Ataquilla / 16€ venda en billeteira
Desconto do 50% para menores de 14 anos.