Aceptar
Cerrar

Información sobre cookies

Esta página web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayuda a optimizar su visita. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Usted puede permitir su uso o rechazarlo, también puede cambiar su configuración siempre que lo desee. Dispone de más información en nuestra Política de Cookies.

  • Actividades
  • Sala de Exposiciones
  • Visitas libres e guiadas á "10 Na beira do río. Diálogos na pintura"

Visitas libres e guiadas á "10 Na beira do río. Diálogos na pintura"

Avísame

Fecha

08 de octubre - 15 de noviembre

Horario

De martes a venres de 18 a 21h. sábados de 12 a 14 e de 18 a 21h. e domingos e festivos de 12 a 14 a gozar do talento destes 18 artistas con entrada de balde. Os luns, a sala permanecerá pechada.

Lugar

Sala de Exposicións do Pazo da Cultura

Categoría

Exposición

Nove edicións transcorreron ata chegar esta celebración colectiva. Dezaoito artistas que puxeron a súa creatividade e esforzo á disposición dun público que se fixo fiel a esta cita do outono artístico pontevedrés, plantexando unha dinámica expositiva que afirmase ao Pazo da Cultura como un dos grandes espazos expositivos de Galicia, de enormes posibilidades dende a súa diversidade funcional, e que ten que seguir construíndose dende ese Lérez que nunca é barreira ou fronteira senón unión entre territorios físicos, pero tamén entre o creativo e o humano.

Manolo Dimas e Itziar Ezquieta, Teresa Brutcher e Ana Seoane, Eduardo Dios e Pancho Rodiño, Dolores Gálvez e Belén Padrón, Juan Moreno Badía e Juan Rivas, Rosa Úbeda e Yolanda Dorda, Falcon e Pousseu, Antón Sobral e Carmen Hermo, e Amelia Palacios e Álex Vázquez imaxinaron cada ano unha exposición nese interior na beira do río e puxeron de novo a súa creatividade a traballar para a mostra que acolle case 100 obras nas que o diálogo se convirte xa nunha conversa a varias voces.

Visita libre ata o 15 de novemebro con entrada de balde no horario de apertura habitual. Os aforos e condicións das visitas estarán suxeitos ás normativas e restricións sanitarias vixentes en cada momento.

Visitas guiadas para público en xeral de aproximadamente 40min. de duración os mércores 21, 28 de outubro e 4 e 11 de novembro ás 20h. previa solicitude no correo comunicacion@pazodacultura.org facilitando o nome completo do interesado/a, un teléfono de contacto e a data na que querería asistir.

No caso de ser un centro escolar, bacharelato de artes, mestrado, etc. contactar igualmente co correo comunicacion@pazodacultura.org para estudar posibilidades en horario matinal, axustando sempre as visitas ao aforo permitico polas restricións vixentes.