Aceptar
Cerrar

Información sobre cookies

Esta página web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayuda a optimizar su visita. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Usted puede permitir su uso o rechazarlo, también puede cambiar su configuración siempre que lo desee. Dispone de más información en nuestra Política de Cookies.

  • Actividades
  • Auditorio
  • Ciclo Voices - Macy Gray en concerto co seu traballo “The Way"

Ciclo Voices - Macy Gray en concerto co seu traballo “The Way"

Avísame

Fecha

07 de abril

Horario

21:00

Lugar

Auditorio do Pazo da Cultura

Categoría

Música

O ciclo VOICES vivirá a súa primeira edición no vindeiro 2017, e nace co obxectivo de achegar a Pontevedra a algunhas das mellores voces nacionais e internacionais; dende as máis clásicas ás máis vangardistas, tentando recoller as voces máis salientables do panorama musical actual nun contexto de programación aberto ás voces galegas.

Nada e criada en Ohaio, Macy Gray, a primeira voz do ciclo 'Voices', comezou a despuntar cando o século XXI arrincaba co lanzamento en 1999, con tan só 20 anos de idade, do seu primeiro álbum, 'On How Life Is'. peza exquisita gravada mentres MacyGray estudaba na Universidade de California.

Co seu single 'I Try' conseguiu un Grammy á mellor intérprete feminina, un premio co que comezaba a lenda de quen hoxe é considerada como unha das voces máis importantes do neo-soul. Mentres o seu talento como cantante despuntaba, Macy Gray probaba sorte noutras lidees e debuta como actriz en 2002 nas películas 'Trining'Day' e 'Spiderman'. Actuou xa en máis dunha ducia de filmes entre os que se pode destacar a súa participación en 'The Paper boy'(2012) xunto a estrelas como Matthew McConaughey, Zac Efron, John Cusack ou Nicole Kidman.

Cunha carreira chea de éxito que inclúe varios Grammy e premios Billboard, Brit e MTV Awards, ademais dunha cifra de vendas por encima dos 25 millóns de discos en todo o mundo, a integridade de MacyGray como artista permitiulle forxar unha carreira que conquistou por igual ao público e crítica ao redor do mundo. A súa música transcende xéneros, desde o experimental ao rock alternativo, pasando polo retro-disco e o hip-hop.

O último traballo discográfico de Macy Gray, 'The Way', reflicte o carácter indomable e enérxico dunha muller e artista que crece cada día e evoluciona constantemente.

Venda anticipada de entradas en Ataquilla.com a un prezo de 20€+ gastos. O propio día, de non esgotarse, na billeteira do auditorio a 24€.