Aceptar
Cerrar

Información sobre cookies

Esta página web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayuda a optimizar su visita. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Usted puede permitir su uso o rechazarlo, también puede cambiar su configuración siempre que lo desee. Dispone de más información en nuestra Política de Cookies.

  • Actividades
  • Auditorio
  • Ciclo Voices - The Divine Comedy presenta 'Foreverland'

Ciclo Voices - The Divine Comedy presenta 'Foreverland'

Avísame

Fecha

15 de septiembre

Horario

Apertura de portas 20:30h.

Lugar

Auditorio do Pazo da Cultura

Categoría

Música

The Divine Comedy, banda británica liderada por Neil Hannon, confírmase como a primeira e atrainte proposta centrada nunha voz masculina do ciclo Voices cun concerto no pontevedrés Pazo da Cultura o venres 15 de setembro.

Tras seis longos anos de espera, un dos compositores máis singulares e aclamados do pop británico volve á carga con Foreverland, úndecimo álbum de The Divine Comedy formado por 11 cancións ostentosamente melódicas, liricamente audaces e suntuosamente arranxadas que nos falan das relacións humanas cotiás. “Tal vez esta sexa a miña fase imperial" di Neil Hannon cando fala dun álbum que trata a vida ordinaria cun acompañamento musical extraordinario.

Nado en Derry, Irlanda do Norte, en 1970 e fillo dun bispo da igrexa de Irlanda, Neil Hannon recoñece con bo humor “unhas orixes que posiblemente non son as máis habituais para unha estrela do pop". Fundador e único membro permanente de The Divine Comedy, acadou a fama durante o auxe do Britpop dos noventa cunha fusión lixeiramente absurda de estilos musicais arcaicos, melodías cativantes e letras audazmente enxeñosas. En dúas décadas, dez discos publicou The Divine Comedy entre Comic Muse (1990) e Bang goes the Knighthood (2010). Os últimos seis anos, sen embargo, Neil Hannon dedicouse a explorar outras vías, chegando a compoñer In May, unha breve pero vigorosa ópera de cámara confeccionada a partir dos textos do dramaturgo alemán Frank Alva Buecheler, ou unha obra para órgano nada como froito do encargo do londinense Royal Festival Hall para estrear en 2014 o seu restaurado órgano e que Neil Hannon dedicó ao seu pai, que sufre Alzheimer, titulándoa To our Fathers in Distress. Neil Hannon también publicou durante este período dous álbums baixo o nome The Duckworth Lewis Method en colaboración co seu amigo Thomas Walsh da banda irlandesa Pugwash.

Entradas á venda en Ataquilla.com a un prezo de 20€+ gastos e de non esgotarse, dúas horas antes do inicio do concerto na propia billeteira do Auditorio.