Aceptar
Cerrar

Información sobre cookies

Esta página web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayuda a optimizar su visita. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Usted puede permitir su uso o rechazarlo, también puede cambiar su configuración siempre que lo desee. Dispone de más información en nuestra Política de Cookies.

Ponteatro 2020

22 de octubre - 13 de diciembre

Ponteatro

O programa habitual de Ponteatro estará composto por 5 espectáculos:

  • “Vida de Cans”  de Talía Teatro – xoves 22 de outubro ás 21h. no Principal
  • “Falar por Falar” de Volta e dalle  - xoves 12 de novembro ás 21h. no Principal
  • “Camiños” de ButacaZero – xoves 26 de novembro ás 21h. no Principal
  • “O meu mundo non é deste reino”de Teatro da Ramboia – xoves 3 de decembro ás 21h. no Principal

Todos estes, que iniciarón xa a súa venda anticipada en Ataquilla.com cun aforo máximo de 60 persoas sentadas por separado – ampliados no caso de que as autoridades levanten as restricións vixentes a día de hoxe -  manterán o prezo de edicións anteriores cun custo de 8€ para público en xeral e de 4€ para estudantes, parados e xubilados.

O 5º espectáculo será “Fariña” incluído no ciclo Ponteatro aínda que terá lugar no Auditorio do Pazo da Cultura. Contará con 8 pases en total repartidos en 4 días: o 10,11, 12 de decembro ás 18:00h  e ás 22h e o domingo 13 de decembro con pases ás 17:30 e 21:30 no.  As entradas que terán un prezo a partir de 18€, aínda non están á venda á espera de que a situación se estabilice e sexa posible ampliar os aforos.

A nova situación implicará cambios no sistema de venda na billeteira física que pechará 1h antes do inicio do espectáculo para facilitar a entrada escalonada de público abrindo, no caso de ser o pase ás 21h,. en horario de 19 a 20h.

O uso de máscara é obrigatorio en todo momento, así como o cumprimento da normativa e restricións sanitarias vixentes en cada momento, ao igual que se deben cumprir permanentemente as indicacións do persoal de sala. Non está permitido intercambiar cadeiras ou ocupar cadeiras diferentes á que figura na entrada adquirida.