Aceptar
Cerrar

Información sobre cookies

Esta página web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayuda a optimizar su visita. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Usted puede permitir su uso o rechazarlo, también puede cambiar su configuración siempre que lo desee. Dispone de más información en nuestra Política de Cookies.

Summum 2017

29 de abril - 03 de junio

SUMMUM

O ciclo Sumum bota a andar o 29 de abril con espectáculo musical 'O poder do Arcabúz' de Quique Peón Cía. e o grupo de música e baile tradicional “Xacarandaina”. Unha das obras máis ambiciosas no mundo da danza galega. “O Poder do Arcabuz” fusiona distintas artes escénicas enmarcadas nun contexto netamente contemporáneo e traído aos nosos días. A obra é a descrición surrealista dunha historia, creada para a ocasión, baseada na maior revolta do século XV en Europa: A Revolta Irmandiña.

O resto do programa está conformado por 3 espectáculos teatrais  que contan nos seus elencos con actores e actrices coma Héctor Alterio, Javier Veiga, Carlos Sobera, Gabino Diego, Teté Delgado, etc.:

O primeiro deles, o domingo 6 de maio é '5 y acción!'. Unha comedia de enredo protagonizada por Marta Hazas, Javier Veiga e Carlos Sobera na que todos ocultan algo, todos queren algo do outro e ninguén se fía de ninguén.

'El intercambio' con Gabino Diego e Teté Delgado, chegará ao Pazo da Cultura o sabado 27 de maio. Comedia rotunda, chea de gags visuais e verbais na que todos os personaxes exhiben unha extraordinaria singularidade, que ao mesturarse, provoca un coctel explosivo.

Pecha o ciclo o sábado 3 de xuño o grandísimo Héctor Aterio no papel de 'El padre'Calificada polo seu autor, Florian Zeller, como unha farsa tráxica, 'El Padre' trata sobre a perda da realidade na vellez.Moitas veces achégase ao drama, outras moitas á comedia e a maioría da veces a un inquietante "thriller" ao estilo Hitchcock. Nunca decae e cando cremos estar nunha certeza, un revés inesperado, unha imaxe nova desconcértanos e vólvenos a atrapar. 

A venda dos 3 espectácuos teatrais terá lugar a través de Ataquilla.com mentres que a de 'O poder do Arcabuz' será a través de Ticketea.