Aceptar
Cerrar

Información sobre cookies

Esta página web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayuda a optimizar su visita. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Usted puede permitir su uso o rechazarlo, también puede cambiar su configuración siempre que lo desee. Dispone de más información en nuestra Política de Cookies.

  • Actividades
  • Auditorio
  • Contrriadas: Concerto Nathy Peluso e Wöyza

Contrriadas: Concerto Nathy Peluso e Wöyza

Avísame

Fecha

12 de enero

Horario

21:00

Lugar

Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra

Categoría

Música

O ciclo Contrariadas, que da visibilidade a mulleres transgresoras, bota a andar con este concerto o 12 de xaneiro. 

Nathy peluso é unha artista interdisciplinar; criada entre o swing, o jazz, a bossanova e o teatro. Percorreu diversas disciplinas artísticas para finalmente adicarse ao que conforma a súa carreira actual.

O 6 de abril lanzou La sandunguera, o seu novo ep, un conxunto de cancións elaborado e sofisticado, no que a música urbana e o seu espontáneo “flow” non son máis que un reclamo para captar a atención e os oídos do oínte e a partir de aí despregar trazos de blues, hip hop, salsa, R&B, jazz ou soul.

A actividade musical de Wöyza comeza en Vigo, co cambio de século, moi vinculada á escena hip hop e sempre co oído posto no soul máis clásico. O seu primeiro álbum aparece no 2008 "Pisando el suelo que ves", e tende unha ponte entre as distintas influencias musicais da artista, hip hop, soul, funk, gospel, R&B e as súas inquietudes sociais.

En 2016 chega o seu segundo traballo titulado "Pelea", onde vemos a evolución artística e persoal da autora, un traballo centrado na autosuperación, a independencia ou a sensualidade. A acollida do público latinoamericano foi excepcional e na actualidade Wöyza segue inmersa na xira de presentacion de “Pelea” en Europa e America.

 

VENDA ANTICIPADA

En www.ataquilla.com ou no 902 504 500.

Tamén na Casa da Luz.

Venda de entradas anticipadas ata esgotar localidades.

ataquilla

 

PREZO DAS ENTRADAS


ZONA A - B

18,00(máis gastos de tramitación).

15,00(máis gastos de tramitación) para menores, parados e maiores de 65 anos.


ZONA C - D

15,00(máis gastos de tramitación).

12,00(máis gastos de tramitación) para menores, parados e maiores de 65 anos.

 

DESCONTOS

15% para grupos de más de 5 persoas só mercando as entradas na Casa da Luz, no teléfono 902 504 500 ou 2 horas antes do evento na billeteira do Pazo, de non esgotarse as entradas na venda anticipada.