Aceptar
Cerrar

Información sobre cookies

Esta página web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayuda a optimizar su visita. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Usted puede permitir su uso o rechazarlo, también puede cambiar su configuración siempre que lo desee. Dispone de más información en nuestra Política de Cookies.

  • Actividades
  • Teatro Principal
  • Docs do mes - 'Amazona' de Clare Weiskopf

Docs do mes - 'Amazona' de Clare Weiskopf

Avísame

Fecha

12 de febrero

Horario

20:30

Lugar

Teatro Principal

Categoría

Proxección documental

Que fai que unha muller sexa boa nai? É necesario renunciar aos teus propios soños, por extremos que sexan, cando tes fillos?

Clare Weiskopf, a directora do filme, tiña 11 anos cando a súa nai fuxiu á xungla colombiana, abandonándoa a ela e ao seu irmán pequeno. Trinta anos despois, Clare queda embarazada e decide reencontrarse coa súa nai para buscar respostas e pechar feridas. Necesita ter o seu propio concepto do significado da maternidade.

Unha viaxe ás profundidades do Amazonas que lle servirá para explorar unha relación que cría perdida e que a transportará ao interior do seu propio ser, o único camiño posible para reconciliarse con ela mesma. Unha historia fascinante entre dúas mulleres, nai e filla, chea de conversacións que fan saltar faíscas, que nos sitúa ante un dilema moral sobre os límites da liberdade e a responsabilidade.

Entrada libre ata completar cabida