Domingos do Principal: Riquete el del copete de Higiénico Papel Teatro
Fecha
31 de enero
Horario
Pases ás 12 e 18:30h.
Lugar
Teatro Principal
Categoría
Domingos do Principal
Un príncipe moi feo e moi listo cun “copete” de cabelo na cabeza: Riquete el del copete. Unha princesa moi fea e moi lista. Outra princesa moi guapa e moi tonta. Riquete namórase dunha delas. Que pasará coa guapa? Que pasará coa fea? Unha versión peculiar do conto clásico de Charles Perrault.
Teatro de actor. Comedia
Duración: 55 minutos
Recomendado a partir de 5 anos
Pases ás 12 e 18:30h.
Entradas a un prezo único de 4€ en Ataquilla.com e de non esgotarse na venda anticipada o propio día do pase na billeteira de 10 a 11h. ou de 16 a 17h.
É preciso contar con entrada independentemente da idade do/a asistente.
A compra de entradas supón a admisión e cumprimento da normativa vixente con respecto á COVID a nivel xeral e a propia do recinto que ten a súa disposición no documento Medidas Covid da plataforma de venda.
A apertura de portas terá lugar 30min. antes do inicio do evento. Recomedamos asistir con marxe para facilitar a acomodación e evitar aglomeracións.