Aceptar
Cerrar

Información sobre cookies

Esta página web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayuda a optimizar su visita. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Usted puede permitir su uso o rechazarlo, también puede cambiar su configuración siempre que lo desee. Dispone de más información en nuestra Política de Cookies.

  • Actividades
  • Sala de Exposiciones
  • 'Na beira do río. Diálogos na pintura' - Antón Sobral e Carmen Hermo

'Na beira do río. Diálogos na pintura' - Antón Sobral e Carmen Hermo

Avísame

Fecha

08 de octubre - 18 de noviembre

Horario

Martes a venres de 18 a 21h. Sábados de 12 a 14 e de 18 a 21h. Domingos e festivos de 12 a 14h. Luns, pechado.

Lugar

Sala Exposicións Pazo da Cultura

Categorías

Arte , Exposición

Unha nova edición de 'Na beira do río. Diálogos na pintura' chega para amosar o traballo destes dous artistas: Antón Sobral e Carmen Hermo son os protagonistas,

O silencio e o acougo de Antón Sobral exténdese por unha pintura íntima. Un xeito de meditar fronte o horizonte e de obrigar a que nós tamén o fagamos. Un acubillo fronte ao balbordo do día a día. Carmen Hermo responde coa súa arte a unha mirada diferente, máis complexa no formal onde se suporpoñen imáxenes e percepcións, froito dunha contaminación visual e sonora que responde a estímulos dunha xeración que medrou fronte á televisión.

Dous miradoiros, polo tanto, para sentir como a natureza pódese construir dende a súa relaboración artística. Un xeito de percibir unha realidade que se pon ante nós para que nós mesmos nos poñamos ante ela nun descubrimento da inmensidade necesario para coñecer o pouco que somos.

Entrada libre ata o 18 de novembro no horario habitual de apertura da sala: Martes a venres de 18 a 21h. Sábados de 12 a 14 e de 18 a 21h. Domingos e festivos de 12 a 14h. Luns, pechado.