Aceptar
Cerrar

Información sobre cookies

Esta página web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayuda a optimizar su visita. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Usted puede permitir su uso o rechazarlo, también puede cambiar su configuración siempre que lo desee. Dispone de más información en nuestra Política de Cookies.

  • Actividades
  • Sala de Exposiciones
  • AMPLIADA ATA 4/03 - Exposición Page Tsou - 'Hide-and-seek'

AMPLIADA ATA 4/03 - Exposición Page Tsou - 'Hide-and-seek'

Avísame

Fecha

07 de diciembre - 04 de marzo

Horario

De martes a venres de 18 a 21h. Sábados de 12 a 14h e de 18 a 21h. Domingos e festivos de 12 a 14. Luns, pechada.

Lugar

Sala de Exposicións do Pazo da Cultura

Categorías

Arte , Exposición

A Sala de Exposicións do Pazo da Cultura acollerá do 7 de decembro ao 4 de marzo a mostra  Hide- and- seek [ xogo do agocho] do artista  Page  Tsou (Taiwan, 1978) que exhibe a súa obra en España por segunda vez. A exposición reúne dez proxectos que comprenden máis dun centenar de orixinais do autor  taiwanés, coñecido  polos seus deliciosos e galardoados libros ilustrados para nenos.

As obras de  Page  Tsou son unha fusión de técnicas nas que se poden apreciar influencias do cómic xaponés, da arte urbana e da pintura tradicional oriental. Un universo artístico complexo —máis próximo á sofisticación europea que ao  exotismo asiático a pesar do seu dominio da tinta chinesa— no que se mesturan motivos  atemporales e un continuo afán de ruptura co previamente establecido.

Na mostra recrea un mundo  onírico, ás veces inquietante e sempre enigmático, onde as súas mensaxes esconden lecturas diversas —a influencia de René  Magritte está patente en toda a súa obra—. O título da mostra é en si un xogo de palabras: “Gústame debuxar incluíndo sinais ocultos e distintos significados. A maioría das miñas obras son libros ilustrados nos que se tratan certos temas serios envoltos da inocencia e a diversión dos nenos. Esta é a idea principal que reflicte a exposición”, explica  Tsou.

Acceso á exposición pola explanada superior a través do Cubo.