Aceptar
Cerrar

Información sobre cookies

Esta página web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayuda a optimizar su visita. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Usted puede permitir su uso o rechazarlo, también puede cambiar su configuración siempre que lo desee. Dispone de más información en nuestra Política de Cookies.

  • Actividades
  • Teatro Principal
  • Óscar Ibáñez e Tribo + Convidados - 'Aires de Pontevedra. Homenaxe a Ricardo Portela'

Óscar Ibáñez e Tribo + Convidados - 'Aires de Pontevedra. Homenaxe a Ricardo Portela'

Avísame

Fecha

27 de enero

Horario

21:00

Lugar

Teatro Principal

Categoría

Música

O espectáculo AIRES DE PONTEVEDRA está creado a partires da publicación do último traballo discográfico de OSCAR IBÁÑEZ que leva por título "AIRES DE PONTEVEDRA. Homenaxe a Ricardo Portela - 25 Aniversario Pasamento" (Inquedanzas Sonoras, 2017), que gravou integramente coa gaita orixinal do propio Ricardo Portela.

A diferencia do CD, gravado no máis puro estilo tradicional e porteliano, neste espectáculo OSCAR IBÁÑEZ revisa dende a súa faceta artística e dentro dunha estética folk, os temas máis característicos do célebre Gaiteiro de Viascón, enriquecéndoos con arranxos frescos e cos timbres do seu grupo de directo OSCAR IBÁÑEZ & TRIBO, co obxectivo de contribuir á actualización, difusión e universalización da música de Ricardo Portela.

Neste concerto, co que se da peche aos actos conmemorativos do 25 Aniversario Pasamento do Gaiteiro de Viascón, participan os músicos habituais da súa TRIBO Fernando Fraga, acordeón, Ioana Pérez, violín, Carlos Calviño, guitarra, Paco Dicenta, baixo e Andrés Vilán, batería e percusión, xunto cun amplo elenco de artistas invitados entre os que figuran Anxo Pintos, Begoña Riobó, Xosé Liz, Marcos Campos, Álvaro Novegil, Francisco Estévez "Chuco", Wenceslao Cabezas "Polo", bailadores da A.F. Celme e a Compañía de Danza Contemporánea Jesús Quiroga, entre outros.

Entrada libre