Aceptar
Cerrar

Información sobre cookies

Esta página web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayuda a optimizar su visita. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Usted puede permitir su uso o rechazarlo, también puede cambiar su configuración siempre que lo desee. Dispone de más información en nuestra Política de Cookies.

  • Actividades
  • Teatro Principal
  • Ponteatro 2020: O meu mundo non é deste reino

Ponteatro 2020: O meu mundo non é deste reino

Avísame

Fecha

03 de diciembre

Horario

21:00

Categoría

Escena

Unha adaptación da “Farsa de Bululú” de Manuel María, unha parodia da ditadura franquista. A recuperación do título orixinal da obra serve para proxectar este queixume silenciado no seu día. Hoxe, encabeza o espectáculo de novo para facer fronte a un pasado que insiste en repetirse.

A montaxe sobre este diálogo entre dous trapeiros que van cara a unha feira cargados de cousas está dirixida por María Peinado e conta no elenco con Anxo García e Fran Lareu.

Aforo limitado a 50 persoas sentadas individualmente e cunha cadeira libre polo medio. O uso de máscara é obrigatorio en todo momento, así como o cumprimento da normativa e restricións sanitarias vixentes en cada momento, ao igual que se deben cumprir permanentemente as indicacións do persoal de sala. Non está permitido intercambiar cadeiras ou ocupar cadeiras diferentes á que figura na entrada adquirida. 

Entradas á venda en Ataquilla.com a un prezo de 8€ (4€ para Carné Xove, parados e maiores de 65). Se non se esgotan na venda anticipada, estarán dispoñibles o día do espectáculo na billeteira física de 19 a 20h.