Aceptar
Cerrar

Información sobre cookies

Esta página web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayuda a optimizar su visita. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Usted puede permitir su uso o rechazarlo, también puede cambiar su configuración siempre que lo desee. Dispone de más información en nuestra Política de Cookies.

  • Actividades
  • Teatro Principal
  • Ponteatro 2021: O mozo da última fila

Ponteatro 2021: O mozo da última fila

Avísame

Fecha

20 de mayo

Horario

20:00

Lugar

Teatro Principal

Categoría

Ponteatro

Claudio é un estudante de dezasete anos que senta na última fila. Non fala, non participa, non é problemático, non destaca, salvo en Matemáticas. Cada clase fáiselle máis insoportable ata que Xermán, o profesor de Lingua e Literatura, manda escribir unha redacción sobre a fin de semana. A partir deste intre, Claudio empeza a transformarse en alguén que observa, imaxina e escribe a vida doutros nun relato por entregas para un só lector. Ese relato compartido polo discípulo e o mestre convértese nun xogo cada vez máis perigoso para eles e para quen os rodea. Un xogo que se disputa en dous taboleiros: o da vida e o da literatura.

Desde a súa estrea en 2006, “O mozo da última fila” leva 26 producións por todo o mundo e foi adaptada ao cinema por  François  Ozon, con guión do propio Mayorga e co título “Dans la maison”, Concha de Ouro no Festival de San Sebastián en 2012. A obra foi escollida en 2018 dentro do plan de fomento á lectura en varios institutos de secundaria.

Venda anticipada de entradas en Ataquilla.com a un prezo de 8€+gastos. 4€+ gastos para Carné Xové, desempregados e maiores de 65 anos. De non esgotarse na venda anticipada, o propio día do espectáculo a partir das 18h.

IMPORTANTE: O espectáculo, orixinalmente programado para as 21h. foi adiantado ás 20h. por mor do novo horario do toque de queda ás 22h. (Se mercaches entradas e non estás conforme co cambio de hora, podes escribir a ataquilla@afundacion.org e solicitar a devolución)

A compra de entradas supón a admisión e cumprimento da normativa vixente con respecto á COVID a nivel xeral e a propia do recinto que ten a súa disposición no documento Medidas Covid da plataforma de venda onde tamén podedes consultar o plano de distribución de butacas.

A apertura de portas terá lugar 30min. antes do inicio do evento. Recomedamos asistir con marxe para facilitar a acomodación e evitar aglomeracións