Aceptar
Cerrar

Información sobre cookies

Esta página web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayuda a optimizar su visita. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Usted puede permitir su uso o rechazarlo, también puede cambiar su configuración siempre que lo desee. Dispone de más información en nuestra Política de Cookies.

  • Actividades
  • Pazo da Cultura
  • Salón do Libro Virtual - O humor

Salón do Libro Virtual - O humor

Avísame

Fecha

17 de marzo - 30 de abril

Horario

Cada días nas próximas semanas , una entrada cara ás 12:00/12:30 e outra ás 17:30/18:00h.

Lugar

Facebook, instagram e www.salondolibro.gal

Categoría

Salón do Libro

 O Salón do Libro retoma a súa actividade adoptando un formato virtual

 

  • Logo de pechar as portas o pasado xoves 12 por mor do Coronavirus, a organización atopou unha alternativa para favorecer tanto á cativada como ao sector cultural
  • A partir de hoxe mesmo e nas próximas semanas o Salón compartirá no seu Facebook, Instagram e web diferentes contidos: expos virtuais, contacontos e obradoiros.
  • As publicacións terán lugar cara ás 12:00h. ou 12:30h. pola mañá e 17:30h. ou 18:00h. pola tarde

Logo de case un ano de traballo tanto por parte da propia organización como dos centros escolares colaboradores - que elaboran traballos relacionados co tema - o Salón pechou apenas 6 días despois de abrir as súas portas por mor do COVID19. Quedaron pendentes unha chea de actividades da programación por levar a cabo e tamén unha morea de centros, familias e cativos por visitalo.

As circunstancias fan imposible a reapertura noutras datas máis, dende o propio día do peche, a organización traballou a reo para atopar unha solución que permitira por unha parte facer máis levadeira a situación actual á cativada confinada nas súas casas e por outra, paliar na medida do posible o impacto que está a ter no sector cultural onde se están a cancelar a meirande parte das activiades programadas nas próximas semanas/meses.

A resposta á proposta realizada tanto aos contadores, compañías, etc. como ao propio monitorado do Salón foi moi positiva e unha gran parte da programación prevista para este XXI Salón do Libro “O humor” adaptará o seu formato – cunhas condicións ténicas mínimas e respectando desa maneira os contratos asinados - para poder ser difundida a través das canles do Salón (redes, web, etc.) e así os máis pequenos e pequenas da casa poderán gozar de contacontos, obradoiros ou visitas virtuais aos espazos.

A falta da resposta de outras persoas contactadas, neste momento están confirmadas a participación de Tamara Andrés, Soledad Felloza, Polo Correo do Vento, Reviravolta, Pakolas, Pablo Díaz, “Magia en la manga”, Asociación Mater Lingua, María Faltri e Jorge Juncal, Leucoiña, Fantoches Baj, “A xanela do maxín” ou 7H cooperativa.

Sobre outros espectáculos de maior formato que non poden ser adaptados, estanse a valorar opcións.

Este proxecto virtual da continuidade e completa a iniciativa lanzada polo Salón hai uns días ao compartir en dixital a plantilla de cartas e debuxos a Orbil e organizar un concurso que obtivo unha boísima resposta: a mascota leva recibidas nestes días ducias e agardan que non paren de chegar.