Tempada de Teatro 2020: Unha noite na praia
Fecha
19 de junio - 20 de junio
Horario
O espectáculo contará con pase o 19 e o 20 de xuño
Lugar
Auditorio Pazo da Cultura
Categoría
Escena
Unha noite na praia é un cruzamento de camiños de area no que se xunta unha parella improbable; dous imáns opostos, auga e aceite, a fame coas ganas de comer... Klaus e Manuel comezan a falar, e comparten anécdotas e recordos. Pero pouco a pouco van saíndo tamén os medos, os soños e as inseguridades... E finalmente son segredos e confesións, que se cadra sería mellor non ter confesado.
Segundo avanza a noite, ímonos decatando de que en esta praia non todo é o que aparenta ser. E polo menos un dos dous non é quen pretendía ser. E se cadra este encontro casual, non foi tan casual como parecía ser.
· Director: Javier Veiga
· Reparto: Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco
· Autor: Javier Veiga
Venda anticipada de entradas en Ataquilla.com a un prezo único de 13€. O espectáculo contará con pase o 19 e o 20 de xuño