Aceptar
Cerrar

Información sobre cookies

Esta página web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayuda a optimizar su visita. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Usted puede permitir su uso o rechazarlo, también puede cambiar su configuración siempre que lo desee. Dispone de más información en nuestra Política de Cookies.

  • Actividades
  • Auditorio
  • Voices - Jane Birkin e Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra

Voices - Jane Birkin e Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra

Avísame

Fecha

27 de octubre

Horario

21:00

Lugar

Auditorio do Pazo da Cultura

Categoría

Música

JANE BIRKIN SINGS GAINSBOURG SYMPHONIQUE. Tras case unha década de silencio (discograficamente falando) e aos seus expléndidos 70 anos, Jane Birkin volve a cantar a Serge Gainsbourg no seu novo álbum, Birkin / Gainsbourg – Le Symphonique, editado a pasada primavera. Nel reinterpreta, xunto a unha orquestra sinfónica de 90 instrumentos, o repertorio que no seu día lle legou o pai da súa filla Charlotte. Birkin / Gainsbourg – Le Symphonique inclúe cancións como From L'Anamour, Lost Song ou La Javanaise, temas que Birkin ven cantando desde 1969, cando o lendario poeta compuxo o primeiro álbum para ela, Serge Gainsbourg / Jane Birkin.

En outono de 2018, Birkin chegará ao Pazo da Cultura de Pontevedra grazas ao ciclo Voices para presentar o concerto Jane Birkin sings Gainsbourg Symphonique, na que, polo de agora, é a única data confirmada pola artista en España. O directo foi eloxiado pola crítica internacional como “un proxecto fascinante que testemuña o amor de Gainsbourg por Brahms e Chopin” (Sunday Times). Toda unha homenaxe ao compositor máis celebrado de Francia en mans da delicada e melodiosa voz de quen fose a súa parella. Birkin contou para a ocasión coa colaboración do compositor e pianista xaponés Nobuyuki Nakajima. En Pontevedra, estará acompañada pola Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, baixo a batuta do director Javier Viceiro-Filgueira. 

Venda de entradas en Ticketea e lembra que se mercas o abono (55€) para os 3 concertos (Jorge Drexler, Janer Birkin e unha confirmacións sopresa) terás acceso directo ás charlas e accións especiais que se levarán a cabo cos artistas.

Compra aquí tus entradas

ticketea