Aceptar
Cerrar

Información sobre cookies

Esta página web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayuda a optimizar su visita. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Usted puede permitir su uso o rechazarlo, también puede cambiar su configuración siempre que lo desee. Dispone de más información en nuestra Política de Cookies.

¿Qué é Faiponting?

Faiponting é un proxecto que nace coa finalidade de dar a coñecer desde outra perspectiva o outro lado da cidade: o lado o río, o do deporte, o do lecer e tamén, e máis que nunca, o da cultura.

Unha plataforma de difusión cultural na que ambos espazos, o Pazo e a Illa do Covo aparecen coma un complexo case indivisible, cun valor arquitectónico e paisaxístico únicos, integrados o un no outro e converténdose nun atractivo máis para a nosa cidade.

Queremos que te achegues, que te atrevas a cruzar a coñecer estes espazos, e descubrir porqué somos a cidade das pontes. Que só necesitas uns minutos para chegar aquí, e que estamos seguros de que pagará a pena.

Fai Ponting!, dá o paso, cruza a ponte e atopa todo un universo de posibilidades, de lecer, de actividades culturais en espazos privilexiados. Todo, a un paso de ti.