Aceptar
Cerrar

Información sobre cookies

Esta página web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayuda a optimizar su visita. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Usted puede permitir su uso o rechazarlo, también puede cambiar su configuración siempre que lo desee. Dispone de más información en nuestra Política de Cookies.

  • Noticias
  • "Canta bichería!" lema do Salón do Libro no 2016
  • A.Sotelo - Pájaros en mi cabeza

    A.Sotelo - Pájaros en mi cabeza

02/06/2015

"Canta bichería!" lema do Salón do Libro no 2016

Cos animais como protagonistas terá lugar entre o 1 e o 23 de abril do vindeiro ano.

PONTEVEDRA, 2 de xuño de 2015.- : Dous meses despois de que rematará o XVI Salón do Libro, damos a coñecer a temática sobre a que xirará a seguinte edición: Os animais. Domésticos, de granxa, salvaxes e mariños, reptis, paxaros, etc. Todos teñen cabida e serán os protagonistas no ano 2016 baixo o lema “Canta bichería!”.

16 edicións ás costas non conseguiron esgotar a creatividade e imaxinación da organizacion deste consolidado evento que atrae miles de visitantes de toda Galicia e ten como obxectivo principal fomentar a lectura en galego. Un proxecto directamente vencellado ao traballo dos centros escolares implicados cada ano e ansiosos por coñecer canto antes a temática da vindeira edición para poñerse mans á obra. No 2016 terá lugar do 1 ao 23 do mes de abril do 2016 e muda, logo de varios anos, o seu mes de celebración para adaptarse ao calendario escolar.

Logo da correspondente avalación de todos os aspectos da pasada edición, análise e revisión de suxestións e comentarios por parte dos centros escolares, público familiar e das diferentes entidades que participaron coas súas propostas de actividades, a organización comenzou a traballar na escolla do tema e, dende o día de hoxe no que se fai público, farao na programación da vindeira. Un programa tan amplo e variado co que cada ano tenta sorprender, compracer, divertir e formar a un público cada vez máis esixente precisa de moitos meses de preparativos, máis ainda ca de sorpresas que están por vir.

 

Departamento de Prensa e Comunicación


No hay comentarios en ""Canta bichería!" lema do Salón do Libro no 2016"

Deja tu comentario:

Gracias por tu comentario.