Aceptar
Cerrar

Información sobre cookies

Esta página web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayuda a optimizar su visita. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Usted puede permitir su uso o rechazarlo, también puede cambiar su configuración siempre que lo desee. Dispone de más información en nuestra Política de Cookies.

  • Noticias
  • 'Rojo estándar' de Lanördika ingaugura os Domingos do Principal

18/01/2019

'Rojo estándar' de Lanördika ingaugura os Domingos do Principal

  • Será este domingo 20 con pase dobre ás 12:00 e ás 18:30 horas no Teatro Principal 
  • As entradas para este e outros espectáculos están á venda en Ataquilla.com e de non esgotarse, dúas horas antes do inicio de cada un deles. 
  • O prezo é de 4€ máis gastos por localidade e cada espectador/a debe ter unha independentemente da súa idade. 


A compañía andaluza de circo e danza inaugura o ciclo Domingos do Principal este domingo con pase dobre ás 12:00h e 18:30h.
Gañador do Premio Fetén 2018 ao mellor espectáculo de rúa, este será a primeira de 6 propostas que inclúen danza, circo, teatro de actor, de sombras, de máscaras, etc. e representan o mellor da península en artes escénicas para público familiar.
Rematada xa a venda de abonos para todo o ciclo, as entradas para este espectáculo están á venda anticipadamente en Ataquilla.com e de non esgotarse, dúas horas antes do inicio de cada pase.
O prezo de 4€ + gastos é único e todos/as os expectadores deben ter entrada independentemente da súa idade.
„Rojo estándar? é unha obra recomendada a partir de 3 anos, totalmente circular, exposta para que o espectador sitúese a 360º, como o amor, a vida, que nos fai virar, e a través do movemento viaxaremos polas emocións, encontros e desencontros: “Dous seres opostos atópanse nunha escena bañada polo surrealismo, onde as cores marcan o seu ritmo, e na que o amor, guiado polo circo e a danza, é peza crave durante todo o espectáculo.”

No hay comentarios en "'Rojo estándar' de Lanördika ingaugura os Domingos do Principal"

Deja tu comentario:

Gracias por tu comentario.