Aceptar
Cerrar

Información sobre cookies

Esta página web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayuda a optimizar su visita. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Usted puede permitir su uso o rechazarlo, también puede cambiar su configuración siempre que lo desee. Dispone de más información en nuestra Política de Cookies.

  • Noticias
  • Chega Summum Teatro con Yllana, "En el estanque dorado", "Cancún" e "Continuidad de los parques"

15/04/2015

Chega Summum Teatro con Yllana, "En el estanque dorado", "Cancún" e "Continuidad de los parques"

PONTEVEDRA, 15 de abril de 2015.-  A concelleira de Cultura, Anxos Riveiro presentaba esta mañá “Summum”. O ciclo de teatro inserido dentro do programa PLATEA (Programa Estatal de Artes Escénicas) ao que o Concello de Pontevedra se adheriu o pasado ano e polo que se achegarán ao Pazo da Cultura 4 compañías de recoñecido prestixio.

“Este traballoso proxecto, que supuxo un esforzo da xerencia do Pazo, permite e fomenta a contratación de compañías locais a nivel estatal o que fai posible que outras comunidades contraten espectáculos da nosa terra e se lles dea visibilidade”, comentaba.

“The Gagfather” de Yllana, “En el estanque dorado” con Lola Herrera e Héctor Alterio, “Cancún” de Jordi Galcerán, con María Barranco e Vicente Romero e “Continuidad de los parques” de Jaime Pujol  con Roberto Álvarez, Fele Martínez, Luis Zahera, etc. son os espectáculos escollidos que terán lugar no Pazo da Cultura ao longo dos meses de maio e xuño.

A venda anticipada estase a realizar a través de Ataquilla.com con prezos que oscilan entre os 12 e os 20€ (+ gastos) dependendo do espectáculo pero tentando sempre por parte da organización, de que sexan prezos asequibles tendo en conta a calidade das obras. No caso de non esgotarse por esta vía, poderán adquirirse o mesmo día de cada función 2h antes na billeteira do Pazo.

Non deixedes de consultar o noso Facebook onde haberá SORTEOS para todas as funcións. Actualmente xa está en vigor o de Yllana.

PROGRAMA

'The Gagfather' (Yllana) – Sábado 2 de maio ás 21h. Entradas 12€

'En el estanque dorado' con Lola Herrera y Héctor Alterio - Xoves 7 de maio ás 21h. Entradas 20€

'Cancún' con María Barranco - Sábado 30 de maio ás 21h. Entradas 16€

'Continuidad de los parques' con Fele Martínez, Gorka Otxoa, Luis Zahera– Sábado 6 de xuño ás 21h. Entradas 14€.

No hay comentarios en "Chega Summum Teatro con Yllana, "En el estanque dorado", "Cancún" e "Continuidad de los parques""

Deja tu comentario:

Gracias por tu comentario.