Aceptar
Cerrar

Información sobre cookies

Esta página web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayuda a optimizar su visita. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Usted puede permitir su uso o rechazarlo, también puede cambiar su configuración siempre que lo desee. Dispone de más información en nuestra Política de Cookies.

  • Noticias
  • O pianista James Rhodes chega ao Pazo o 19 de maio e pecha o cartaz de Voices

20/02/2019

O pianista James Rhodes chega ao Pazo o 19 de maio e pecha o cartaz de Voices

 

  • A confirmación do afamado pianista era a única pendente logo de ter anunciado a presencia de Luísa Sobral o 13 de abril e Lila Downs o 21 de xuño

 

  • As entradas saen á venda hoxe ás 12:00h. anticipadamente en Ataquilla.com e a Casa da Luz a partir de 24€

 

  • Están dispoñibles os abonos para as 3 citas do ciclo por 58€

 

James Rhodes chegará ao Pazo da Cultura de Pontevedra o domingo 19 de maio ás 20:30h. logo de esgotar as entradas para as actuacións de Santiago de Compostela (1 de marzo no Auditorio de Galicia) e A Coruña (2 de marzo no Teatro Colón)

O seu nome pasa a ser a terceira confirmación de Voices e unha das máis agardadas polo carácter sorpresa da mesma, xa que en decembro comezou a venda de abonos se aínda coñecerse quen completaría xunto a Luísa Sobral (13 de abril) e Lila Downs (21 de xuño) o programa do ciclo.

Na liña do proxecto de achegar  artistas que transcenden o ámbito musical, con discurso propio, comprometidos coa cultura e socialmente, subirá ao escenario do Pazo da Cultura este afamado pianista que se converteu en mediático -  ademais de polo seu talento - por abanderar a protección do menor e a loita contra os abusos sexuais  na infancia.

Na súa xira de 2019, onde ademais de tocar e contextualizar as obras que interpreta, o pianista británico tamén nos conta sobre o escenario, entre pezas de Bach, Chopin ou Beethoven, a historia da súa vida e de como a música axudouno a superar os numerosos obstáculos que se foi atopando polo camiño.

Hoxe ás 12:00h comeza a venda anticipada en Ataquilla.com e a Casa da Luz a partir de 24€. De non esgotarse previamente, o prezo na billeteira será de 28€.Tamén continúan á venda os abonos para os 3 concertos do ciclo por 58€.

No hay comentarios en "O pianista James Rhodes chega ao Pazo o 19 de maio e pecha o cartaz de Voices"

Deja tu comentario:

Gracias por tu comentario.