Obradoiros
Exclusivos para docentes
Animamos á lectura
Impartido por Ze Carlos Pinto, de OQO Filmes, e pensado para achegar aos profesionais da ensinanza os coñecementos necesarios para a creación dunha curtometraxe en 'stop-motion'.
Ciencia nos contos
Con Luisa Marínez (CSIC) e Eva Mejuto (OQO Editora) os docentes participarán en actividades experimentais sinxelas que lles servirán para achegar a ciencia ao alumnado e sempre dende unha perspectiva crítica.
Arte e ciencia: unha relación bidireccional
Este obradoiro está a cargo da química e divulgadora científica Deborah García Bello, que fará un percorrido pola Historia da Arte e a súa relación cos diferentes avances científicos.