Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Auditorio
  • '5 y acción!' con Marta Hazas, Javier Veiga e Carlos Sobera

'5 y acción!' con Marta Hazas, Javier Veiga e Carlos Sobera

Avísame

Data

07 de maio

Horario

20:00

Lugar

Auditorio do Pazo da Cultura

Categorías

Escena , Humor

A nova e inocente presentadora do tempo dun telexornal de máxima audiencia, tamén é "casualmente" a amante do presidente da canle de televisión.
Marisol (Marta Hazas), soña con converterse en actriz. E Adolfo (Carlos Sobera) decide cumprir o soño da súa "moza". Para iso contrata os servizos dun mediocre aspirante a director de cinema (Javier Veiga).
Adolfo está disposto a producir unha longametraxe con Marisol como protagonista. Aínda que non está claro se quere que ela triunfe, ou que a película sexa un fracaso estrepitoso, para que Marisol, desencantada, volva aos seus brazos para seguir sendo o "su chica do tempo" e o seu "pasatempo" 
Max tentará salvar a súa película. Marisol tentará salvar o seu soño. Antonia tentará salvar o seu traballo. A muller de Adolfo, Pilar, tentará salvar o seu matrimonio. E Adolfo tentará salvar o seu cu.
Todos ocultan algo, todos queren algo do outro e ninguén se fía de ninguén. Pero mentres tanto, empézase a rodar a película: '5 e Acción?!!!'.

Venda anticipada de entradas en Ataquilla.com a un prezo de 20€+ gastos e na billeteira dúas horas antes do espectáculo no caso de non esgotarse.

Gaña a través do SORTEO no noso Facebook un pase dobre. So tes que entrar aquí e pulsar en participar.