Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Teatro Principal
  • "A charca inútil" Teatro do Altántico

"A charca inútil" Teatro do Altántico

Avísame

Data

29 de maio

Horario

21:00

Lugar

Teatro Principal

Categoría

Escena

Da man de Teatro do Atlántico, asistiremos a esta historia de David Desola, dirixida por Xulio Lago con Marcos Vieitez María Barcala e Gonzalo M.Uriarte sobre o escenario: Óscar, profesor de secundaria, é incapaz de seguir exercendo o seu labor no ensino, logo dun episodio de agresión física á que foi sometido  por un dos seus alumnos diante de toda a clase. Aquel humillante episodio fora gravado no móbil pola moza do alumno e as imaxes vendidas a unha canle de tv que as manipulou ata case  convertelas nunha especie de reality show, comerciando o produto con outras moitas canles.

Forzado polas consideracións e provocacións a que o somete un seu mestre de xuventude, Óscar acepta finalmente dar clases particulares a un alumno  moi especial, establecendo paralelamente unha peculiar relación coa nai do rapaz, enigmático personaxe marcado tamén por un episodio dramático.

A procura da felicidade, a recuperación dos soños perdidos, a dor da perda, a fantasía e o misterio invaden esta sorprendente e fermosísima historia capaz de conmover e divertir ao espectador.

Venda anticipada de entradas en servinova a un prezo de 8€ (5€ para estudantes, parados e xubilados) e, no caso de non esgotarse, unha hora antes na billeteira do Teatro Principal.