"Blondy´s Coffee" - Danza da compañía Entremáns
Data
05 de xuño
Horario
21:00
Lugar
Teatro Principal
Categoría
Danza
A compañía Entremáns presenta este espectáculo de danza no que dúas mulleres sumidas no tedio refúxianse en estraños pasatempos en busca de novas emocións que lles devolvan a súa propia natureza, un hábitat onde encontrarse elas mesmas coas súas miserias e as súas grandezas... unha viaxe polo labirinto da mente feminina.
Se a vida é un xogo e do teu estás farto...Na pel de quen gardas as túas lembranzas?
Interpretación: Estefanía Gómez Cascudo e Beatriz Pérez.
Venda anticipada de entradas en servinova a un prezo de 8€ (5€ para estudantes, parados e xubilados) e no caso de non esgotarse, o mesmo día do espectáculo 1 hora antes na billeteira do Teatro Principal