Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

'El padre' con Héctor Alterio

Avísame

Data

03 de xuño

Horario

21:00

Lugar

Auditorio do Pazo da Cultura

Categoría

Escena

Calificada polo seu autor, Florian Zeller, como unha farsa tráxica, El Padre trata sobre a perda da realidade na vellez. Andrés (Héctor Alterio) semella confundido, quizais polos intereses que o rodean (nunca o saberemos).

Sen ridiculizar xamais o carácter principal, Andrés fainos rir. As situacións ambiguas, moitas veces contraditorias, as réplicas mordaces, os personaxes duplicados, cambiantes, e por encima de todo a dúbida de se o que realmente sucede é o que di a familia ou é o que sente o pai, producen unha das obras máis divertidas, apaixonantes e profundas do teatro contemporáneo.

Moitas veces achégase ao drama, outras moitas á comedia e a maioría da veces a un inquietante "thriller" ao estilo Hitchcock. Nunca decae e cando cremos estar nunha certeza, un revés inesperado, unha imaxe nova desconcértanos e vólvenos a atrapar. 

Venda anticipada de entradas en Ataquilla.com a un prezo de 20€ + gastos e no caso de non esgotarse, o propio día do espectáculo dende dúas horas antes do comezo na billeteira do Auditorio.