Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Auditorio
  • "Full House" do Centro Coreográfico Galego

"Full House" do Centro Coreográfico Galego

Avísame

Data

26 de abril

Horario

21:00

Lugar

Auditorio Pazo da Cultura

Categoría

Danza

"Full House", ideada especificamente por Johan Inger para o Centro Coreográfico Galego, constitúe o primeiro traballo en Galicia deste prestixioso coreógrafo, asociado profesionalmente ao Nederlands Dans Theater (NDT) e director artístico durante cinco anos do Cullberg Ballet.

O corpo de baile do CCG, que na actual temporada integran os doce bailaríns e bailarinas Àstrid Molinero, Juan Hernández, Paula M. Montoya, Ailen Ramos, Carmen Aparicio, Ana Serantes, Carlos Huerta, Jesús Benzal, Miguel A. Ponte, Rubén Ventoso, Raquel Santacruz e José Luis Cibreiro, executa durante os 30 minutos de duración da peza un traballo introspectivo realizado coa base sonora de distintos fragmentos da música folclórica húngara de Lajkó Félix.

A interpretación de ‘Full House’ vai precedida da reposición de ‘Magnificat’, peza tamén de estilo contemporáneo deseñada en 2011 por Amaury Lebrun, coreógrafo francés habitual colaborador do Centro Coreográfico. Lebrun, que na actualidade traballa na montaxe dun ballet coa Ópera de Sídney, creara ‘Magnificat’ como parte do espectáculo 3DTres, no que recreaba un mundo de contrastes no ámbito da historia da danza, coa utilización do tutú romántico en contraposición aos movementos máis actuais.

Venda anticipada de entradas en servinova a un prezo de 8€ (5€ para estudantes, parados e xubilados) e, no caso de no esgotarse, dúas horas antes na billeteira do Pazo da Cultura.