Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • 'Pasen e lean' - Día do Libro na Praza da Ferraría

'Pasen e lean' - Día do Libro na Praza da Ferraría

Avísame

Data

23 de abril

Horario

De 11.30 a 14.30 horas e de 16.30 a 20.30 horas

Lugar

Praza da Ferraría

Categoría

Feira

Desfrutar de lectura e do mundo ao redor do libro será o eixo central de Pasen e Lean, a nova iniciativa do Concello de Pontevedra para conmemorar o Día Internacional do Libro, que terá lugar o vindeiro domingo 23 de abril. Once libreiros locais contarán cun espazo de venda de libros onde porán a disposición dos asistentes as últimas novidades editoriais. As librarías participantes serán: Libraría Paz, Seijas, Cronopios, Patakafrita, DLectum, Libraría Cao, Aviones de Papel, Libraría Nobel, Clip, Libraría El Pueblo e Libraría Metáfora.

O espazo instalado na Praza da Ferraría contará ademáis cun amplo programa de actividades que se desenvolverán ao longo de todo o día, pensadas tanto para público infantil como adulto. O horario de Pasen e Lean será de 11.30 a 14.30 horas e de 16.30 a 20.30 horas.

Programa de actividades

12.00 horas - Contacontos a cargo de Raquel Queizás Presentará “Cocorocó”, un espectáculo de narración oral no que se empregan obxectos, monicreques, debuxos e interación co público. “Cocorocó” é un berro de loita contra as inxustizas, que fai pensar, respectar e valorar a quen é diferente a nós para defender a diversidade. Este espectáculo é unha homenaxe ao libro “A Galiña Azul” de Carlos Casares.

13.00 horas – Sesión Vermú musical coa actuación da LiliCleta Un triciclo de 1966 reciclado e transformado nunha retro-discoteca-cine ambulante. Un escenario de imaxes e son a pedales, singular, chamativo, entrañable, ecolóxico e para todos os públicos.

17.30 horas – Contacontos a cargo de Polo Correo do Vento Este dúo pontevedrés especializado en actividades lúdicas dirixidas ó público máis novo, realizarán un dos seus divertidos contacontos que teñen como obxectivo a promoción da lectura, a creatividade e a comprensión oral en galego.

18.30 horas – Actuación de Isabel Risco A polifacética actriz galega presentará o espectáculo “Nabiza Girl” onde a poderemos en estado puro traballando o humor máis galego dende o clown cunha enerxía insuperable. Un espectáculo moi completo cunha posta en escea do máis teatral.

19.30 horas – Concerto de Flip Corale O grupo de rock pontevedrés será o encargado de encher e boa música a Praza da Ferraría para por broche á programación desta primeira edición de “Pasen e Lean”.