Ana Moura presenta 'Moura'
Data
11 de marzo
Horario
20:00
Lugar
Auditorio do Pazo da Cultura
Categoría
Música
A fadista portuguesa Ana Moura regresa a Pontevedra para presentar o seu último disco, ‘Moura’, dentro da súa xira por todo o mundo.
Ana Moura é a artista portuguesa cunha carrera más puxante na actualidade, con máis de 300.000 discos vendidos, máis dunha ducia de galardóns entre os que destacan dous Globos de Ouro, dos premios Amália e colaboracións con iconas da música como Prince, Rolling Stones, Caetano Veloso, Gilberto Gil ou Herbie Hancock.
Non hai outra voz no fado coma a de Ana Moura. Unha voz que se pasea pola tradición libremente, sen deixar de flirtear elegantemente con outros xéneros, e ampliando dunha forma foi persoal o espectro do fado. Pero o que a distingue non é só un timbre grave e sensual como hai poucos, Ana Moura transforma instantaneamente en fado calquera melodía á que presta a súa voz. É uha chispa inmediata, unha explosión emocional dirixida implacablemente ao corazón do ouvinte.
‘Moura’
Agora está a presentar o seu sexto álbum, ‘Moura’ (Universal Music, 2015), que chegou a ser inmediatamente Disco de Ouro. Nel a artista incorpora grandes nomes da música portuguesa, como Carlos Tê, Samuel Úria, Jorge Cruz, Edu Mundo ou Sara Tavares. E tamén interpreta temas doutros músicos destacados, como Miguel Araújo ou Pedro da Silva (Deolinda).
‘Moura’ sucede a ‘Desfado’ o disco máis vendido en Portugal dos últimos anos, con cinco discos de platino.
Entradas anticipadas en Ticketea, no despacho físico da Casa da Luz, aberto de luns a sábado de 9:30 a 14 e de 16:30 a 19:30h e domingos e festivos de 10 a 14h. e, de non esgotarse, dúas horas antes na billeteida do Pazo.
Prezos: Zonas A e B 20 € + gastos (18 para estudantes, parados e xubilados). Zonas C e D 19€ + gastos (17 para estudantes, parados e xubilados)