Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Actividades
  • Teatro Principal
  • As Matinés do Principal- Guadi Galego

As Matinés do Principal- Guadi Galego

Avísame

Data

07 de abril

Horario

12:30

Lugar

Teatro Principal

Categoría

Música

Guadi Galego comeza a súa andaina musical moi nova, e acadou sona como a voz de Berrogüetto, Mellor Grupo Folk Europeo de 2000 e candidato aos Grammy Latinos 2002, co que gravou Viaxe por Urticaria (1999), Hepta (2001), e 10.0 (2006), segundo Premio Opinión de mellor disco galego do ano. No ano 2005 grava Espido, con Guillerme Fernández, co que recunca no segundo Premio Opinión ao mellor disco galego do 2005, e un ano despois aínda o gaña de novo con Nordestin@s xunto con Abe Rábade e Ugia Pedreira. E xa no 2009 sae á luz Benzón, o seu primeiro proxecto en solitario, merecente do premio ao mellor disco do ano e candi- dato aos premios da Música. No 2012 sae aCadaCanto, unha vez máis con Guillerme Fernández, acompañada tamén por Xabier Díaz na voz e Xosé Lois Romero no acordeón.

No 2014 saíu Lúas de outubro e agosto e, no 2016, ano en que acada o Premio Martín Códax da Música á mellor artista na categoría de canción de autor, O mundo está parado (FOL Música, 2016). Dez temas redondos para deter o tempo, con letras que viaxan do persoal á reflexión colectiva sobre cuestións como a identidade e a coherencia: seis da súa autoría, tres de Carlos Abal e un de Pachi García, que exerce novamente como produtor musical. O seus directos teñen esa sonoridade envolvente con arrecendo pop, un son que funambula entre a tradición e a vangarda e que acada a súa madurez neste último traballo. Unha presa de cancións sobre a necesidade de parar a sentir, a reflexionar, a respirar, nun mundo que, malia a aparente velocidade e exceso de información, está parado no máis humano.

Prezos:15 € (anticipada) / 17€ (billeteira) + gastos de xestión. Abonos para todo o ciclo 36€. Menores de 14 anos, descontos do 50%

Á venda anticipadamente en Ticketea e o despacho físico da Casa da Luz. De non esgotarse, dúas horas antes do inicio do concerto.